Eduardo Sáenz de Cabezón

blog1

Eduardo Sáenz de Cabezón é Profesor Titular do Departamento de Matemáticas e Computación na Universidad de La Rioja (España). Xunto co profesor Henry Wynn da London School of Economics, desenvolveu a área de Fiabilidade Alxebraica e investigou en Estatística Alxebraica e Modelos Matemáticos para o tratamento integrado de pragas.

Sáenz de Cabezón realiza labores de divulgación das matemáticas en distintos ámbitos e é un recoñecido especialista en monólogos científicos. Colabora en España en distintos medios de comunicación, coma televisión (Órbita Laika, La Aventura del Saber, TIPS), radio (SER, Onda Cero, Radio Nacional de España) e prensa escrita (Yorokobu, El Confidencial). É guionista e presentador do canal de Youtube Derivando, dedicado ás matemáticas. Incluído pola revista Quo (número 20 aniversario, outubro 2015) como unha das 101 mentes creativas de España.

Foi o gañador do concurso de monólogos científicos FameLab en 2013 e da Fundación Aquae (2014). Recentemente, obtivo o Premio Especial do xurado á Divulgación Científica Ciencia en Acción (2019), o Premio Consejo Social da Universidad de La Rioja modalidade Divulgación Científica (2020), o Premio Zapping ao mellor contido positivo en liña para menores pola canle Derivando (2022) e o Premio De Pura Cepa á traxectoria cultural (2022).