Justo Puerto Albandoz

blog1

Justo Puerto Albandoz é Catedrático de Estadística e Investigación Operativa, e Director do Instituto de Matemáticas de la Universidad de Sevilla (IMUS). É autor de mais de 200 publicacións en revistas científicas e 5 libros, e director de 16 teses de doutoramento. Justo Puerto ten unha inxente actividade como responsable e participante en proxectos de investigación e contratos con empresas.

En 2021 recibiu a Medalla da SEIO que recoñece, entre outros méritos, as suas “aportacións moi notables na teoría da decisión, teoría de xogos, análise de localización e loxística, machine learning e programación mixta non lineal enteira con contribucións metodolóxicas, teóricas e aplicadas, especialmente na industria”. En 2023 recibiu o galardón á mellor contribución metodolóxica en Investigación Operativa que outorgan a SEIO e a Fundación BBVA, polo seu artigo "Revisiting k-sum optimization", publicado en Mathematical Programming.