Lola Ugarte Martínez é Catedrática de Estatística e Investigación de Operacións da Universidad Pública de Navarra (UPNA). As súas principais liñas de investigación enmarcanse no desenvolvemento de metodoloxía en estatística espacial e espacio-temporal para resolver problemas en diversas áreas, destacando a epidemioloxía e a saúde pública. Ten traballado tamén no campo xeral da estimación en áreas pequenas e a súa aplicación en estatística oficial. Recentemente foi nomeada directora do instituto de investigación INAMAT2 (Institute for Advanced Materials and Mathematics) da UPNA.
É autora de mais dun centenar de publicacións en revistas científicas de impacto recollidas no JCR. Ten publicado ou editado 13 libros, entre eles “Handbook in Spatial Epidemiology” (xunto con Lawson, A., Banerjee, S. e Haining, R.). Ten participado en mais de veinticinco proxectos financiados en convocatorias públicas (a maioría deles como IP) e en mais de corenta contratos financiados por empresas, universidades ou administracións públicas (todos eles como IP ou co-IP). Ten impartido ademais numerosas conferencias tanto nacionais como internacionais, entre elas a prestixiosa conferencia Santaló en 2021. A súa labor editorial como editora asociada ou miembro do panel editorial en revistas internacionais de estatística é también destacada: Statistics in Medicine (2022-), Statistics and Computing (2022-), JRSSA (2006-2009), Statistical Modelling (2010-), TEST (2013–2016, 2021-), CSDA (2010-2016) entre outras. Ademais, foi (co)-editora xefe da revista TEST (2017-2020). Foi tamén vicepresidenta da sección de Estatística da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e actualmente é membro do Consejo Ejecutivo de FENStatS (Federación Europea de Sociedades de Estadística). Colaborou coa Agencia Estatal de Investigación como adxunta ao xestor e como coordinadora da área de Matemáticas (2017-2021). Actualmente é a Presidenta da Comisión de Matemáticas e Física da Comisión Nacional de Evaluación de la Actividad Investigadora (CNEAI). Dende este ano forma parte do Consejo Asesor en Matemáticas da Fundación Gadea Ciencia.
O seu artigo (en coautoría) “Crimen contra as mulleres na India: descubrimento de patróns espaciais e tendencias temporais de mortes por dote nos distritos de Uttar Pradesh”, publicado en Journal of the Royal Statistical Society A, acadou un dos cinco premios da SEIO – Fundación BBVA 2021.