Envío de comunicacións
As persoas que participan no congreso poderán enviar os seus traballos, que se presentarán de forma oral ou en póster, nas correspondentes sesións establecidas no programa. A organización do XVI Congreso da SGAPEIO publicará un libro de actas cos traballos presentados no congreso.
Formato
Os traballos poderán presentarse en galego, español, portugués ou inglés. O traballo pódese redactar en formato LaTex ou Word, pero enviarase en formato PDF. O traballo incluirá necesariamente un resumo, un mínimo de 4 palabras chave e a bibliografía. Non hai extensión mínima, e recoméndase unha extensión máxima de 12 páxinas. É importante que o estilo se adapte ao modelo de redacción creado para este congreso.
Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf) | ||||
---|---|---|---|---|
Modelo Word | ||||
Modelo OpenDocument |
Formulario
A copia do así como o arquivo do traballo, ambos en formato PDF, enviaranse á dirección congreso.sgapeio2023@udc.gal.
Os traballos recibidos serán revisados polo Comité Científico e o resultado da revisión notificarase por correo electrónico no prazo anunciado.
Premio Investigadores/as Novos/as.
As persoas que desexen optar ao premio de investigadores/as novos empregarán o mesmo procedemento de presentación do traballo mediante correo electrónico, no que indicarán que queren optar ao premio e en que modalidade. Disporán do mesmo prazo que as demais comunicacións.
Premio póster MTE
As persoas que desexen optar ao premio de mellor póster MTE empregarán o mesmo procedemento de presentación do traballo mediante correo electrónico co asunto “Inscrición Pósters MTE”, no que indicarán que queren optar ao premio e en que modalidade. Incluíran o formulario de inscrición en formato PDF, así como un breve resumo do póster presentado a concurso seguindo as plantillas do congreso. O prazo para enviar o traballo e o póster é o 10 de setembro de 2023.
Datas límite importantes
-
Envío de traballos:
8 de setembro de 202312 de setembro de 2023 -
Notificación de aceptación / rexeitamento: 30 de setembro de 2023