I Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións

O departamento de Matemáticas da UDC e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración coa Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), organizan as I XORNADAS DE INNOVACIÓN DOCENTE NA ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS. Esta xornada, dirixida a profesorado de ESO, bacharelato e universidade, impartirase o venres 27 de outubro pola tarde e o sábado 28 de outubro pola mañá na Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos da UDC.

Concedida a homologación pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, cun recoñecemento de 8 horas.

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

Venres 27 de outubro (tarde) e sábado 28 de outubro (mañá) de 2023.

Venres 27 outubro 2023
16:00 – 16:10 Inauguración das xornadas
16:10 – 18:00 OBRADOIRO: “Te lo cuentan los datos”

Docentes:

  • Marta Pérez Rodríguez. Profesora Titular do Departamento de Didáctica da Matemática da Universidade de Vigo, coautora do libro “Te lo cuentan las matemáticas” (2022) da Editorial Octaedro.

  • Beatriz Álvarez Díaz. Investigadora en Formación no Departamento de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, coautora do libro “Te lo cuentan las matemáticas” (2022) da Editorial Octaedro.

18:00 – 18:15 Descanso
18:15 – 20:00 OBRADOIRO: “Ferramentas para traballar a Estatística e a Investigación de Operacións na aula”.

Docentes:

  • María José Ginzo Villamayor. Investigadora no Servizo de Consultaría Estatística, Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Alejandro Saavedra Nieves. Profesor Axudante Doutor do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.

Sábado 28 outubro 2023
9:00 – 10:15
SESIÓN DE TRABALLOS
Exposición de proxectos de innovación docente en Estatística e Investigación de Operacións
10:15 – 11:30 MESA DE DEBATE: Tema “Innovación docente e divulgación da Estatística”.

Moderadora: Paula Blanco Mosquera (Xunta de Galicia). Profesora de Matemáticas no IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela.

Participantes:

  • Eduardo Sáenz de Cabezón. (Universidad de la Rioja). Premio Especial do xurado á Divulgación Científica Ciencia en Acción (2019), Premio Consejo Social da Universidad de La Rioja modalidade Divulgación Científica (2020), Premio Zapping ao mellor contido positivo en liña para menores pola canle Derivando (2022) e Premio De Pura Cepa á traxectoria cultural (2022).

  • Marta Pérez Rodríguez. (UVIGO). Profesora Titular de Universidade do Departamento de Didáctica de Matemática, na área de Álxebra da Universidade de Vigo. Autora “Te lo cuentan las matemáticas”.

  • Elena Vázquez Abal. (USC). Catedrática de Universidade do Departamento de Matemáticas da USC. Responsable dos proxectos de divulgación "Consultorio_Videomatemático" (CITMAga, 2023-2024), "Mathex" e do nodo galego de "Marzo, mes das matemáticas". Participa na actividade "Unha enxeñeira ou científica en cada cole" que ten como finalidade visibilizar ás enxeñeiras e científicas coa realización de obradoiros dirixidos ao alumnado de primaria.

  • M.ª Cristina Naya Riveiro. (UDC). Profesora contratada doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da área de Didáctica da matemática e coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña. Ademais, forma parte da Comisión de Educación do Comité Español de Matemáticas (CEMAT), como representante da Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas.

  • Javier Álvarez Liébana. (UCM). Profesor Axudante Doutor do Departamento Estadística y Ciencia de los Datos da Universidad Complutense de Madrid. Divulgador coñecido como “Dados de Laplace".

11:30 – 12:00 Descanso
12:00 – 13:00 CONFERENCIA PLENARIA: "El espejismo de la mayoría"

2

13:30 – 14:00 Acto de clausura


004

*E de sociedades con acordos de reciprocidade (SEIO, SPE, RSME e AGAPEMA)

Período de inscrición: aberto ata o 25 de outubro de 2023


Para inscribirse nas xornadas hai que realizar os seguintes pasos:

  1. Cubrir o indicando, entre outras cuestións, o grupo ao que pertence o participante dacordo á táboa anterior.

  2. Realizar os pagos da cota mediante transferencia bancaria á seguinte conta:

    • Titular: Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións - SGAPEIO

    • IBAN: ES11 2080 0314 3030 4001 9642

    • Entidade bancaria: ABANCA

    • Código BIC/Swift: CAGLESMMXXX

    GAL   No asunto, debe figurar “[I XORNADAS 2023] – Apelidos e nome”

    GAL  Se, á hora de facer o pagamento da inscrición, houbera custos bancarios asociados, estes deberán ser asumidos pola persoa que se inscribe no congreso.


  3. Envío de correo electrónico. Será necesario enviar á dirección de correo electrónico congreso.sgapeio2023@udc.gal o formulario de inscrición (en formato PDF) e unha copia do xustificante da transferencia bancaria.

  4. As personas participantes que se acollan a algunha redución da cota de inscrición (estudantes, desempregados) deberán enviar, ademais, unha fotocopia do documento oficial que acredite que se poden acoller a dita redución.

A organización do congreso enviará un correo electrónico confirmando a correcta inscrición no congreso.


As persoas que participan nas xornadas poderán enviar as súas experiencias docentes en Estatística e IO baseadas na innovación e implantación de melloras na aula, que se presentarán de forma oral na correspondente sesión o sábado 28 de outubro, pola mañá.

Formato

As comunicacións poderán presentarse en galego, español, portugués ou inglés. O traballo pódese redactar en formato LaTex ou Word, pero enviarase en formato PDF. O documento incluirá necesariamente un resumo, un mínimo de 4 palabras chave e a bibliografía. Non hai extensión mínima, e recoméndase unha extensión máxima de 12 páxinas. É importante que o estilo se adapte ao modelo de redacción creado para estas xornadas.

Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf) GAL ESP ENG PT
Modelo Word GAL ESP ENG PT
Modelo OpenDocument GAL ESP ENG PT

O arquivo do traballo, en formato PDF, enviarase á dirección congreso.sgapeio2023@udc.gal co asunto "[I XORNADAS 2023] Nome e apelidos”. Os traballos recibidos serán revisados polo Comité Científico do XVI Congreso da SGAPEIO e o resultado da revisión notificarase por correo electrónico no prazo anunciado.

Datas límite importantes

  • Envío de traballos: 8 de setembro de 2023   12 de setembro de 2023

  • Notificación de aceptación / rexeitamento: 30 de setembro de 2023

Política de cancelación

Para cancelar a inscrición nas xornadas, débese solicitar por escrito vía correo electrónico á dirección congreso.sgapeio2023@udc.gal antes do 30 de setembro de 2023. Despois da antedita data, non se poderá realizar o reembolso da cota.