Programa Social


Xoves 26 outubro 2023

VISITA Á SEDE CENTRAL DE INDITEX (ARTEIXO, A CORUÑA)

O xoves 26 de outubro de 2023 ás 16:00 terá lugar unha visita guiada ás instalacións de INDITEX en Arteixo. A visita da comezo na área de deseño e finaliza no centro loxístico, e terá unha duración aproximada de 1h 30min - 1h 45min. Nela, poderanse visitar as instalacións e observarase a forma e filosofía de traballo da empresa.

004

Transporte: sairá un autobús ás 15:30 da Facultade de Dereito (Campus de Elviña) e levará aos participantes á sede. Unha vez concluída a visita, o autobús deixará aos participantes de novo no Campus de Elviña, facendo paradas no centro de A Coruña, para continuar coas seguintes actividades sociais programadas.



VISITA Á CIDADE DAS TIC (A CORUÑA)

O xoves 26 de outubro de 2023 ás 17:00 realizarase unha visita ás instalacións de A Cidade das TIC en A Coruña. A Cidade das TIC é proxecto estratéxico para crear un polo TIC e de innovación dixital de referencia a nivel nacional e internacional. A Coruña e a súa área metropolitana destacan pola fortaleza do sector empresarial TIC, xa que concentra unhas 700 empresas (o 27% do total de Galicia) e xera máis de 7.200 empregos (o 40% do emprego do sector). A Cidade das TIC conta co apoio explícito de todas as administracións co obxectivo de contribuír á especialización de Galicia en tecnoloxías emerxentes. Desenvolveranse tecidos empresariais conectados e máis competitivos, impulsaranse as TIC e a dixitalización de Galicia e crearase un centro de referencia en intelixencia artificial de referencia a nivel nacional e internacional.
Para máis información, consultar a
 WWW

 

004

A visita, que terá unha duración aproximada de 1h, centrarase nas instalacións que xa estean en marcha no mes de outubro. En concreto, poderase visitar, entre outros, o Centro de Servicios Avanzados e o GalaxyLab, proxecto do ITG para probas de drons, e informarase sobre as planificacións futuras do complexo.

Transporte: sairá un autobús ás 16:45 da Facultade de Dereito (Campus de Elviña) e levará aos participantes á sede. Unha vez concluída a visita, o autobús deixará aos participantes de novo no Campus de Elviña, facendo paradas no centro de A Coruña, para continuar coas seguintes actividades sociais programadas.



RECEPCIÓN NO CONCELLO DA CORUÑA

A recepción oficial aos participantes no XVI Congreso SGAPEIO 2023 será o xoves día 26 de outubro ás 20:00 no Salón de Sesións do Palacio Municipal de A Coruña. A previsión é que sexa atendida polo concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, D. Juan Ignacio Borrego. A continuación serviranse uns pinchos no Salón Dorado, anexo ao Salón de Plenos.

 

004

 

 

Venres 27 outubro 2023

VISITA PALACIO DE CAPITANÍA XERAL DA CORUÑA

O venres 27 de outubro de 2023 ás 19:00 terá lugar unha visita guiada ao Palacio de Capitanía Xeral en A Coruña. A súa primeira construción data do século XVI, pero en 1748 reedifícase un novo edificio para que alí viva o capitán xeral, así como diferentes dependencias para o tribunal da Audiencia. Ao longo da historia, foi testemuña de acontecementos como o primeiro levantamento galego contra as tropas napoleónicas en 1808 ou o levantamento liberal de 1820, durante o que se asaltou o palacio e se detivo ao capitán xeral para encerralo no castelo de San Antón.
A visita, que terá unha duración aproximada de 1h 30min, será conducida por persoal da Oficina de Comunicación do Cuartel Xeral de Mando de Apoio á Manobra (CGMAM), e recorrerá as dependencias máis destacadas do Palacio, entre as que cabe destacar a fachada do edificio, o patio cuberto, a Sala de Honor, a Sala “Alfonso XIII”, o Salón do Trono, o Corredor dos Espellos e o alxibe.

 

004