Benvidos/as
O Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña, a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), organiza o XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Nesta ocasión, o congreso celebrarase na Coruña do 26 ao 28 de outubro de 2023. É a terceira vez que a SGAPEIO celebra na nosa cidade o seu congreso bienal, despois de que no 1993 tivese lugar o I Congreso e no 2013 o XI Congreso. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que intentaremos facer mais atractiva a participación. O obxectivo deste congreso é contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e da Investigación de Operacións.
I Xornadas Innovación Docente na Estatística e Investigación de OperaciónsMáis información |
---|
O Comité Organizador convida a todos aqueles vinculados coa Estatística e a Investigación de Operacións a participar nestas xornadas, amosando as súas experiencias e resultados máis recentes. Agardámosvos na Coruña!
O Comité Organizador.
Universidade da Coruña.
ORGANIZA |
---|
PATROCINA |
---|
COLABORA |
---|