Mesas redondas

Na presente edición do congreso da SGAPEIO están organizadas dúas mesas redondas:

 

Innovación docente e divulgación da Estatística

Moderadora:

  • Paula Blanco Mosquera (Xunta de Galicia). Profesora de Matemáticas no IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela.

Participantes:

  • Eduardo Sáenz de Cabezón. (Universidad de la Rioja). Premio Especial do xurado á Divulgación Científica Ciencia en Acción (2019), Premio Consejo Social da Universidad de La Rioja modalidade Divulgación Científica (2020), Premio Zapping ao mellor contido positivo en liña para menores pola canle Derivando (2022) e Premio De Pura Cepa á traxectoria cultural (2022).

  • Marta Pérez Rodríguez. (UVIGO). Profesora Titular de Universidade do Departamento de Didáctica de Matemática, na área de Álxebra da Universidade de Vigo. Autora “Te lo cuentan las matemáticas”.

  • Elena Vázquez Abal. (USC). Catedrática de Universidade do Departamento de Matemáticas da USC. Responsable dos proxectos de divulgación "Consultorio_Videomatemático" (CITMAga, 2023-2024), "Mathex" e do nodo galego de "Marzo, mes das matemáticas". Participa na actividade "Unha enxeñeira ou científica en cada cole" que ten como finalidade visibilizar ás enxeñeiras e científicas coa realización de obradoiros dirixidos ao alumnado de primaria.

  • M.ª Cristina Naya Riveiro. (UDC). Profesora contratada doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da área de Didáctica da matemática e coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña. Ademais, forma parte da Comisión de Educación do Comité Español de Matemáticas (CEMAT), como representante da Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas.

  • Javier Álvarez Liébana. (UCM). Profesor Axudante Doutor do Departamento Estadística y Ciencia de los Datos da Universidad Complutense de Madrid. Divulgador coñecido como “Dados de Laplace".

 

O despoboamento de Galicia, cara a onde imos?

Moderadora:

  • Esther López Vizcaíno (Xefa de Servicio de Difusión e Información do IGE).

Participantes:

  • Isabel del Río Viqueira. Subdirectora de Síntese, Análise e Difusión do IGE, forma parte do Observatorio de Dinamización Demográfica de Galicia

  • Inés Santé Riveira. Directora xeral de Desenvolvemento Rural e directora de AGADER (Consellería de Medio Rural).

  • Javier Sanz Larruga. Profesor de Dereito Público da UDC.

  • Edelmiro López Iglesias. Profesor de Economía Aplicada da USC.