Inscrición
A inscrición inclúe o acceso ao programa científico, documentación do congreso e cafés do descanso, así como as visitas incluídas no programa social.
Tipo | SUPERREDUCIDA Ata o 6 de setembro (incluido) |
REDUCIDA Ata o 15 de outubro (incluido) |
NORMAL Despois do 15 de outubro |
---|---|---|---|
Grupo I Socios da SGAPEIO* e persoal de empresas e institucións patrocinadoras |
95 € | 120 € | 150 € |
Grupo II Non socios |
130 € | 150 € | 180 € |
Grupo III Estudantes, desempregados e xubilados socios |
45 € | 55 € | 65 € |
Grupo IV Estudantes, desempregados e xubilados non socios |
60 € | 70 € | 80 € |
*E de sociedades con acordos de reciprocidade (SEIO, SPE, RSME e AGAPEMA)
Para inscribirse no congreso hai que realizar os seguintes pasos:
-
Cubrir o indicando, entre outras cuestións, o grupo ao que pertence o participante dacordo á táboa anterior.
-
Realizar os pagos da cota mediante transferencia bancaria á seguinte conta:
-
Titular: Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións - SGAPEIO
-
IBAN: ES11 2080 0314 3030 4001 9642
-
Entidade bancaria: ABANCA
-
Código BIC/Swift: CAGLESMMXXX
-
Envío de correo electrónico. Será necesario enviar á dirección de correo electrónico congreso.sgapeio2023@udc.gal o formulario de inscrición (en formato PDF) e unha copia do xustificante da transferencia bancaria.
No asunto, debe figurar “SGAPEIO2023 – Apelidos e nome”
Se, á hora de facer o pagamento da inscrición, houbera custos bancarios asociados, estes deberán ser asumidos pola persoa que se inscribe no congreso.
As personas participantes que se acollan a algunha redución da cota de inscrición (estudantes, desempregados) deberán enviar, ademais, unha fotocopia do documento oficial que acredite que se poden acoller a dita reducción.
A organización do congreso enviará un correo electrónico confirmando a correcta inscrición no congreso.
Política de cancelación
Para cancelar a inscrición no congreso, débese solicitar por escrito vía correo electrónico á dirección congreso.sgapeio2023@udc.gal antes do 30 de setembro de 2023. Despois da antedita data, non se poderá realizar o reembolso da cota.