Premios ás mellores comunicacións presentadas por investigadores/as novos/as
1. Convocatoria.
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convoca dous premios ás mellores comunicacións presentadas no XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións por investigadores/as novos/as, nas categorías: mellor comunicación teórica e mellor comunicación aplicada.
2. Participantes.
Os requisitos para optar ao premio son os seguintes:
-
Non ter cumpridos 30 anos a 26 de outubro de 2023, acreditado cunha copia do DNI/NIE/pasaporte.
-
Ser o primeiro autor da comunicación.
-
Inscribirse no congreso e presentar a comunicación.
-
Os traballos que se presenten ao premio deberán ser inéditos (non poden estar publicados antes do 15 de outubro de 2023 nunha revista científica), cunha extensión de 12 páxinas como máximo seguindo o formato establecido polo congreso, redactados en galego, portugués, castelán ou inglés e versarán sobre algunha materia específica da área de Estatística e Investigación de Operacións.
-
Os candidatos seleccionados deberán defender oralmente o traballo no XVI Congreso Galego de Estatística e investigación de Operacións.
-
Non hai limitación de comunicacións presentadas por unha mesma persoa.
3. Inscrición.
Para optar ao premio SGAPEIO á mellor comunicación presentada no XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, ademais de cumprir os requisitos do apartado 2 e indicalo no momento de enviar a candidatura, deberá comunicalo por enderezo electrónico congreso.sgapeio2023@udc.gal co asunto “Premio Investigadores/as Novos/as” achegando unha copia do DNI/NIE/pasaporte.
4. Xurado e valoración das comunicacións.
O xurado estará formado por 5 persoas elixidas entre o Comité Científico do XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Non poderán formar parte do xurado os coautores dos traballos e as persoas que teñan relación contractual cos candidatos. No caso de que os membros do Comité Científico non sexan suficientes, por motivos de incompatibilidades, poderán formar parte do xurado membros do Comité Organizador.
O xurado fará unha preselección dos traballos enviados. Os traballos seleccionados serán expostos nunha sesión de comunicacións especial para os candidatos ao premio (os traballos non seleccionados nesta fase non optarán ao premio pero terán a oportunidade de expoñerse nalgunha das outras sesións orais), e o xurado fará unha valoración final tendo en conta o traballo enviado ao congreso, así como a presentación realizada.
A decisión do xurado será inapelable e os premios poderán ser declarados desertos por proposta deste.
- Balbina Casas Méndez (USC)
- Esther López Vizcaíno (IGE)
- Leticia Lorenzo Picado (UVIGO)
- Jacobo de Uña Álvarez (UVIGO)
- Juan M. Vilar Fernández (UDC)
Membros do xurado:
5. Premios.
Os solicitantes terán que indicar a modalidade do premio á que se presentan:
-
Modalidade A: traballos aplicados nos que o obxectivo principal sexa a resolución dun problema real.
-
Modalidade B: traballos orientados á obtención de propiedades de métodos novidosos ou novas propiedades de métodos xa existentes.
A cada comunicación premiada corresponderalle un premio de 500 €. Así mesmo, todos os autores da comunicación recibirán un diploma que acredite a concesión do premio.
A notificación da concesión de ambos os dous premios e a súa entrega realizaranse durante o acto de clausura do congreso.
6. Reserva de dereito.
A SGAPEIO resérvase o dereito a modificar as condicións do premio sempre que concorra causa xustificada.
7. Aceptación das bases do concurso.
A participación no premio supón a plena aceptación das súas bases.
8. Confidencialidade e dereitos de propiedade intelectual.
O contido dos traballos presenten así como todos os datos e documentación aportada, terán carácter absolutamente confidencial e acceso restrinxido, e como tales serán tratados tanto pola organización dos Premios como polo Xurado.
9. Premiados en edicións anteriores.
-
XV SGAPEIO (Santiago de Compostela, 2021)
-
Premio á mellor comunicación teórica: Un novo test de unimodalidade para datos circulares, presentada por Diego Bolón Rodríguez. Coautores: Rosa Mª Crujeiras Casais e Alberto Rodríguez Casal.
-
Premio á mellor comunicación aplicada: Analizando as estratexias de escape en larvas de peixe cebra mediante regresión multimodal circular, presentada por María Alonso Pena. Coautora: Rosa Mª Crujeiras Casais.
-
XIV SGAPEIO (Vigo, 2019)
-
Premio á mellor comunicación teórica: Improved q-values for discrete and homogeneous tests, presentada por Marta Cousido Rocha. Coautores: Jacobo de Uña Álvarez, Sebastian Döhler.
-
Premio á mellor comunicación aplicada: Estimating the random arrival rule in bankruptcy: a case study, presentada por Alejandro Saavedra Nieves.
-
XIII SGAPEIO (Ferrol, 2017)
-
Premio á mellor comunicación teórica: Characterization of point processes with covariates through the first-order intensity function, presentada por María Isabel Borrajo García. Coautores: Wenceslao González Manteiga e Mª Dolores Martínez Miranda.
-
Premio á mellor comunicación aplicada: Un modelo de programación matemática para la selección y asignación temporal de recursos aéreos destinados a la contención de un incendio forestal, presentada por Jorge Rodríguez Veiga. Coautoras: Balbina V. Casas Méndez e Mª José Ginzo Villamayor.